Thursday 02 de May de 2024

Trenor recibe ao director xeral da empresa Forestal do Atlántico, Andrés Fuentes


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, recibiu está mañá ao director xeral da empresa ubicada na ría de Ferrol, Forestal do Atlántico. No encontro puxo en valor a traxectoria de máis de 30 anos deste complexo industrial diversificado con numerosas liñas de produción e actividades que da emprego directo a máis de dous centenares de persoas.

Trenor destacou o compromiso desta empresa que lle permite liderar proxectos innovadores para descarbonizar a economía e destacou especialmente o proxecto Triskelion, con opción a optar ao apoio de fondos europeos, que traballa nunha planta innovadora para a fabricación de metanol verde producido de hidróxeno renovable e CO2 capturado dunha planta de coxeración existente.

Presentaronse aos Innovation Fund 311 proxectos en toda Europa e este proxecto foi seleccionado entre os 15 mellores dos cales españois son só tres.

O delegado da Xunta lembrou que esta empresa é líder en solucións sostibles para o sector químico e enerxético e resaltou que este grupo a través da aplicación do código ético do grupo Gadisa, ao que pertenecen, a coloca como un referente en comportamento ético-empresarial dentro dos seus sectores de actividade.